A editorial Espiral Maior dota con 12.000 euros e abre a Portugal o seu certame de poesía

A Espiral mais grande

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A XIV Premio de Poesía Espiral Maior, que convoca a editora homónima, achega na súa nova edición novas destacadas. Para comezar, o certame amplía o seu ámbito e aceptará tamén traballos en portugués. Ademais, o certame, que ata o de agora non tiña dotación económica, outorgará ao gañador un premio de 12.000 euros, que achega o patrocinio de El Corte Inglés e que fai do galardón o máis dotado do país. Con estas novidades, os organizadores agardan contar con máis de cento vinte traballos presentados.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Espiral Maior, Portugal, Portugués...