Miguel Porto participará no Skizzenfestival de Stralsund, Alemaña

O debuxante vigués dará un obradoiro canda a outro autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A primeira edición do Skizzenfestival que se celebra en Stralsund, Alemaña, conta co galego Miguel Porto como un dos seus vinte convidados VIP. O evento, que se centra no debuxo do natural, conta cunha selección de autores de diferentes países que, por parellas, desenvolven actividades creactivas. No caso de Porto, estará no evento entre o 20 e o 30 de xullo, e o vindeiro día 27 desenvolverá un obradoiro en colaboración con Sanne van de Goor. O autor anuncia ademais a vindeira publicación da súa versión de Tirant lo Blanc a cargo de SM e que colaborará coa revista El Manglar na sección Galería Ilustrada.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Porto, Obradoiro, Galería, Debuxo...

Claves

Protagonistas
Conceptos