David Rubín e Miguel Porto adaptan á BD dous clásicos da literatura

Romeo e Tirante

28/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Romeo e Xulieta” verá o vindeiro outono a luz nunha versión en banda deseñada a cargo de David Rubín con guión de Ricardo Gómez. O autor ourensán anuncia no seu blog que xa rematou a obra e que está previsto que a editorial SM a publique de cara ao vindeiro outono. Polas mesmas datas sairá á rúa a adaptación que o vigués Miguel Porto ultima do texto medieval “Tirant lo Blanch” para a mesma colección e que supón a súa estrea nunha obra longa. Nos dous casos as obras sairán publicadas en formato álbum.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Miguel Porto, Clásicos, Literatura...