David Rubín expón en Nápoles o seu Romeo e xulieta

O vindeiro outono verá a luz a edición italiana de El héroe

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cartel da exposición de David Rubín na sala Zona C

Cartel da exposición de David Rubín na sala Zona C

A adaptación de Romeo e xulieta que realizou David Rubín para SM poderá verse a partir do vindeiro 29 de abril. O Instituto Cervantes desta cidade organiza unha exposición monográfica dedicada a esta obra en paralelo ao Napolicomicon, salón do cómic desta cidade ao que tamén asistirá o galego. Ademais, para o vindeiro mes de setembro, agárdase que vexa a luz a edición neste país do primeiro volume de El héroe, a súa última obra, que sae da man de Tunué. Precisamente orixinais desta mesma obra poden verse a partir do 28 de abril no espazo Zona C de Compostela. De xeito paralelo Gochi, autor e editor no selo Cerditos de Guinea, impartirá dúas charlas sobre manga no Salón do Cómic de Navarra os días 29 e 30 deste mes.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Cómic, Gochi, Cerditos de Guinea...