Son 35 artistas galegos os que colgan, ata o día 23, os seus cadros na sala Espacio Adrat da localidade fronteiriza de Chaves. E o tema común que os unen é iso da "identidade europea". Non se trata dunha exposición calquera, senón da "I Mostra Luso Galaica de Arte Contemporánea" que acabou recibindo apoio institucional logo de ser unha xuntanza entre amigos. Unha cita ineludible para esta ponte.
As orixes
A "I Mostra Luso Galaica de Arte Contemporánea" non é unha cita que xurde da nada, senón precisamente de todo o contrario. Dous artistas arousáns (Xan Paz e Modesto Contreras) e un empresario portugués (dono de "Loja 7") tiveron unha pequena xuntanza co obxetivo de artellar un espacio común no que expor as creacións plásticas de artistas de ambos os dous lados da fronteira. Foi neste marco no que chantou as súas raíces a "I Mostra". E a remolque desta iniciativa os políticos decidiron sumarse e darlle un respaldarazo institucional a este evento.
Os participantes e os actos
E para esta primera mostra xuntaranse case uns 70 artistas, uns corenta chegados desde Portugal e uns 35 galegos. Unha escolma de autores que pretende ser o máis representativo das dúas últimas décadas.
E como a iniciativa parteu de dous artistas arounsáns, a participación e a delegación galega está formada maioritariamente por arousáns. Entre os galegos destacan nomes como: Xaquín Chaves, Uxío López, Marcela Santorum, Sebas Anxo, Álex Vázquez ou Guillermo Perdosa en pintura; Chazo ou Granjel como escultores; Yasmita Tato, Xosé Raño ou José Luís Oubiza en fotografía.
Paralelamente á exposición, desde a organización preparadon un programa variado de actos culturais: un recital de poesía, unha representación teatral e un concerto de jazz.
Previsións de Futuro
Á esta primeira mostra acudiron os alcaldes das diferentes cidades galegas (Vilagarcía, Verín, Allariz...) así como os rexedores dos municipios do Alto Támega. O que fai visible o apoio institucional que se lle concede a esta I Mostra. E os organizadores desta mostra están tan contentos cos índices de participación acadados que xa están poñendo a vista no que pasará no futuro. E o que determinaron é que para edicións posteriores esta iniciativa teñene prevista a súa organización con carácter itinerante.