O bispado de Ourense advirte sobre as sete pragas do patrimonio

A publicación Dovela anima aos feligreses a coidar os bens culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Miguel Ángel González, delegado de patrimonio do Bispado de Ourense e director da revista Dovela ten claras cales son as principais ameazas para os nosos bens culturais. Con vistas a llo explicar aos feligreses, o último número da súa publicación presenta as sete pragas do patrimonio. Segundo este sacerdote, os roubos, o gamberrismo, o chapucismo, os accidentes e descoidos, os efectos dos xilófagos e das pombas, a indiferenza e, finalmente, o despoboamento e a pobreza son os grandes males. González xa leva anos desenvolvendo diferentes iniciativas desde o seu posto para protexer este tipo de bens.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O Patrimonio esquecido

O Patrimonio esquecido

A Lista Vermella do Patrimonio denuncia en Galicia varios casos de bens en perigo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense

Claves

Lugares