As actividades do Museo do Gravado da localidade ribeirense de Artes, veranse reforzadas logo da constitución, onte, da Fundación Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes. Unha galería virtual sobre retratos, unha web, a edición de catálogos e a organización de exposicións temporais son algúns dos obxectivos a curto prazo.
O Museo do Gravado
O Museo do Gravado de Artes abriu este verán nas instalacións da casa de turismo rural A Rectoral e por iniciativa do seu propietario Javier Expósito. Expósito decidiu expor en tres das salas do edificio parte da súa colección particular, composta por máis de seis mil gravados de Dalí, Goya, Rubens, Picasso, Van Dyck, Ricardo Baroja ou Carlos Saura entre outros autores desde o século XV ata a actualidade. Ademais, o centro pretende actuar coma un punto de promoción das técnicas dixitais apliacadas ás estampas. Pode visitarse de mércares a sábado entre as dez e media e a unha e media da mañá e entre as catro e as sete da tarde. Os doingos e festivos entre as catro e medias e as sete e media da tarde e os martes entre as catro e as sete. A entrada custa 2,40 euros para os adultos, sendo gratuita para nenos e maiores de sesenta e cinco anos.
A Fundación
O propio museo serviu de escenario para a xuntanza pola que se constiuíu a Fundación do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes. Esta fundación, presidida polo promotoro do museo de Artes, Javier Expósito, encargarase de xestionar o centro e de organizar as súas actividades. Ademais de Expósito, participan nesta Fundación o conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela, o presidente da Deputación Provincial da Coruña e Alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, o director xeral de Patrimonio, Ángel Sicart e representantes do Museo do Prado, do Centro Cultural Conde-Duque, da Calcografía Nacional e da Universidade de Santiago entre outras institucións.
Na xuntanza deuse conta ademais do convenio asinado entre esta entidade e a Real Academia de Belas Artes para organizar diferentes actividades e exposicións arredor da arte gráfica.
As actividades
A vindeira actividade que desenvolverá a Fundación será a mostar "Impresiones, La nueva era de la imagen múltiple, unha producción da Calcografía Nacional que amosa gravados de artistas contemporáneos realizados exclusivamente con medios dixitais. A mostra chegará a Ribeira, procedente de Santillana del Mar, o un de setembro.
Coincidindo con esta mostra procederase á especialización das diferentes salas do museo, destinando unha delas ó gravado clásico, outra ó contemporáneo e outra ás mostras itinerantes.
Ademais, para o vindeiro mes de abril porase en marcha a nova web do museo, e a máis longo prazo, a fundación proponse crar un portal en Internet dedicado exclusivamente ós retratos feitos en gravado entre os séculos XVI e XVIII, para o que se prevé dixitalizar mil pezas da colección do museo.