Estudantes estranxeiros de galego visitan o Consello da Cultura Galega

Os alumnos aproveitaron para coñecer en profundidade culturagalega.org

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Estudantes estranxeiros de galego visitan o Consello da Cultura Galega

18 estudantes estranxeiros que asisten durante todo o mes aos cursos de lingua galega que imparte a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña visitaron esta mañá o Consello da Cultura Galega e participaron nunha xuntanza co vicepresidente do CCG, Xosé López, con quen coñeceron o funciomento da institución. Posteriormente, os estudantes puideron coñecer o funcionamento de culturagalega.org e o resto dos webs do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Culturagalega, Lingua galega, Universidade da Coruña