Preséntase no Consello da Cultura a nova versión do soportal literario de culturagalega.org

Lg3 II

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Consello da Cultura Galega presenta publicamente a nova versión de Lg3, unha revista virtual dedicada á literatura e ao mundo editorial galego dentro de culturagalega.org. Nesta nova xeira o noso soportal literario incorpora información sobre os lanzamentos de libros, recensións, reportaxes e fichas bibliográficas. A presentación será ás doce e media da mañá no salón de actos do Consello,e contará coa presenza de Alfonso Zulueta, Presidente do Consello, Víctor F. Freixanes, coordinador da Sección de Literatura e Industrias da Edición, Xosé López, coordinador da Sección de Comunicación, Nieves Brisaboa, codirectora da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña e o director do portal, Manuel Gago.

Máis información en Lg3

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Literatura, Manuel Gago, Universidade da Coruña...