A Coruña retrata a época da súa fundación nunha exposición sobre Afonso IX

A mostra conta con máis de 100 pezas procedentes de toda Europa

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
A Coruña retrata a época da súa fundación nunha exposición sobre Afonso IX

Cen pezas de época retratan os tempos da fundación do burgo da Coruña por parte do rei de León na mostra Pro utilitate regni mei. Alfonso IX e a súa época. A mostra abre hoxe no Quiosco Alfonso da cidade herculina coa inauguración a cargo dos Reis de España e finalizará o 7 de setembro. Pro utilitate regni mei está dividida en catro grandes áreas nas que se explica o relevante papel do monarca no proceso de creación de cidades e centros universitarios como Salamanca, así como as súas relacións coa cultura da época e o proceso de reconstrución do reino tralas invasións normandas. A mostra está comisariada por Fernando Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Europa, Reis, USC...

Claves

Entidades
Conceptos