Juan Araújo retrata o CGAC no CGAC

A mostra A Través estará aberta ata o 7 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Juan Araújo (Caracas, 1971) retrata arquitecturas nos seus cadros. Para Adriano Pedrosa, comisario da exposición, o traballo de Araújo pasa por reflexionar sobre o papel que ocupa a pintura e os orixinais nunha situación como actual, na que se multiplican os medios para reproducir arte. Máis da metade das setenta pezas que compoñen A través son propios retratos da arquitectura do Centro Galego de Arte Contemporánea, do seu mobiliario e das súas liñas de cosntrución, trasladados á pintura. "Un paseo pola exposición", asegura Pedrosa, "deixa patente, ademais do diálogo coa arquitectura do museo, o intento por repensar a pintura refrescando a súa longa tradición cunha nova ollada". ou reproducións encontradas en diversos libros sobre paisaxismo e arquitectura.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Caracas, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)