O programa Danza 3 levará a música tradicional a 15 concellos

Os espectáculos serán Prestixio, Esta noite hai unha fía e mais Na Algalia de Arriba

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e mais a Asociación Xacarandaina presentaban esta mañá o programa de Danza 3. Quince localidades do país serán visitadas polos espectáculos incluídos nesta actividade. Prestixio, de Xacarandaina, Esta noite hai unha fía. X Aniversario do Fiadeiro e mais Na Algalia de Arriba dos composteláns Cantigas e Agarimos compoñen o programa. Nos tres casos trátase de espectáculos de grande formato que poñen sobre o escenario máis de medio cento de persoas e que recrean a música, o baile e diferentes aspectos da nosa sociedade tradicional.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Xacarandaina, Fiadeiro, Cantigas e Agarimos

Claves

Conceptos