Xa comezou a conta atrás para que de inicio a unha das feiras de galerÃas máis importantes da arte contemporánea, ARCO. E a participación galega xa está preparada para esta nova edición. De feito, onte marchou Miguel Fernández-Cid, director do Centro Galego de Arte Contemporána (CGAC), para presentar os catálogos desta institución e con 90.000 euros baixo o brazo (case uns 15 millóns de pesetas, a metade do seu orzamento para a adquisición de novos fondos) para mercar obras. Tampouco levará fondos, entre outras cousas porque non os ten, é o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) que fará a súa presentación en sociedade. O que sà levará obras, concretamente as últimas da súa colección e, o Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa (MACUF). Son os museos galegos en ARCO.
Un convenio para un museo
Como ARCO, a entidade organizadora da feira de arte contemporáneo que se celebra en Madrid do 14 ó 19 de febreiro, non ten museo. A súa directora, Rosina Gómez Baeza, chegou a un acordo co director do CGAC, Miguel Fernández Cid, polo que o museo galego se convirte no depositario temporal (ata que se constrúa un centro museÃstico capaz de albergar o seu legado) da obra. ¿E a cambio? A cambio o CGAC deixará anualmente unha cantidade nada desdeñosa de cartos en fondos. Unha contÃa que este ano ascende a 90.000 euros (uns 15 millóns de pesetas e que se corresponde coa metade do seu orzamento para compra de adquisición anual). E para investir ese capital, ademais de facer a presentación do CGAC como stand e ver cales son as novas tendencias que se están a fraguar no mundo da arte. De entre as súas múltiples tarefas en ARCO, está a presentación do terceiro número da revista do museo, que fai un pequeno avance de presentación das principais novidades que se achegarán ó museo este ano.
Outro museo
Xunto co CGAC aparecerán dous museos novos que completarán a presencia galega xunto coas habituais galerÃas. Dun lado está o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, que se presenta por primeira vez, á falta da súa inauguración oficial prevista para o vindeiro mes de outubro. Por outra banda, o Museo de Arte Unión Fenosa (MACUF) participará na feira con dez obras, que son parte das últimas adquisición que fixo a empresa no último ano. Unhas obras que mercou na Bienal de Arte que se celebrou o verán pasado na Coruña e que son as seguintes obras: Yanuba de Barbadillo, Atrapasombras de Crespo Foix, ou Maste d eLuis Fega. Pero non só estes, senón que tamén levará clásicos como Granell e Mampaso (nunha homenaxe ós pintores recentemente finados). Remata a súa presencia en ARCo coa obra de coñecidos como Xosé Freixanes, Leiro e Matamoro.