Olivier Ka, terceiro convidado de Viñetas desde o Atlántico

Viñetas Ka

Guionista da coñecida obra Por qué matei a Pierre, o francés Olivier K confírmase como o terceiro autor convidado á vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico. Como todos os participantes, Ka manterá encontro co público visitante e amosará os seus traballos nunha exposición.