
Teatro de rúa, espectáculos a cargo de grupos mediáticos como Els Joglars, estreas como Aeroplanos de Lagarta, Lagarta, teatro afeccionado e, o primeiro encontro ibérico de revistas de teatro, como principal novidade, destacan no programa desta 25 Mostra Internacional de Teatro cómico e festivo. Unha edición que quere manterse fiel ao seu estilo e que se sucede dta o día 12 de xuño.
A traxectoria
Naceu hai 25 anos coa etiqueta de cómico e festivo porque, como asegura a súa directora, Che Mariño, ese é o carácter da xente do morrazo. E así se mantiveron, vinte e cinco anos despois, onde os principais problemas chegaron pola falta de espazo axeitado para acoller a celebración.
Cando comezou había cines con gran aforo, que foron pechando para facer edificios afirma Che Mariño. Foi así como a mostra sufríu os efectos colaterais do peche das tradicionais salas de cine. De aí pasamos a un cine pequeniño cun aforo moi limitado polo que era se creou unha fama de que en Cangas non había entradas. Cando este pechou, acabaron alugando a carpa que ten o Mago Antón e aí á rúa. Así, ata hai sete anos cando se abriu o auditorio municipal no que estamo agora. De feito, a directora da mostra está moi satisfeita por ter un local propio no que poder celebrar os espectáculos, que lle permite afirma que estamos na mellor etapa.
En canto á organización, foi a Asociación Cultural Xiria a que se encargou de dirixir e promover esta actividade que desde hai uns dez anos entrou o concello de Cangas a participar.
A actual edición
Che Mariño destaca que para conmemorar esta edición fixemos unha pequena reportaxe de vídeo cos espectáculos que pasaron pola mostra, así como unha exposición de carteis. É o único espazo previsto para lembrar a traxectoria deste festival que quere concentrar a súa mirada e os seus esforzos no presente desta edición. E para iso, ademais das seccións clásicas (as xornadas de Teatro afeccionado que organiza no marco da Mostra, a Federación Galega e Teatro Afeccionado-FEGATEA-, ou as seccións A escena contra a violencia de xénero e as V Xornadas de mulleres nas Artes Escénicas) abren novos espazos no programa como o primeiro Encontro Ibérico de Revistas de Teatro. Un lugar de reflexión para coñecer a situación editorial en España e Portugal das revistas especializadas en Teatro, así como estudar diferentes xeitos de colaboración entre as publicacións para divulgar a actividade teatral de Cangas.