Os galeristas volven de ARCO´02 satisfeitos coas vendas conseguidas

Arqueo

Moito mellor do que se esperaba. Sobre esta edición de ARCO´02 planaba o espírito de incertidume tralo atentado contra as Torres Xemelgas do 11 de setembro. Sen embargo, remata a feira, galeristas e institucións volven ós seus puntos de orixe moi satisfeitos. Cadaquen polo seu, uns polas vendas e os outros polas compras. E todo no mesmo momento no que se fala de que o Centro Galego de Arte Contemporánea podería perder, en breve, a colección da Fundación ARCO que alberga porque esta entidade non ten sé.

Satisfacción dos galeristas




Como ARCO é unha feira de galerías, os galeristas galegos acudiron a Madrid a vender. Cinco días (o primeiro non estaba aberto ó público) agotadores nos que tiveron que atender a unha demanda moito maior. De feito, os datos ofrecidos por Ifema, entidade do recinto onde se celebrou a feira, indican que se produciu un incremento do 13% con respecto a outros anos. E agora, concluída a feira, recollido os stands e de volta en casa, cómpre facer reconto. E non foi mal de todo, polo menos así o comentarons as galerias. Para a Galería Trinta "A feira foi bastante boa, non como a do ano pasado no que o nivel de vendas foi excelente, aínda así este ano celebráronse moitas vendas tanto a nivel local como a nivel internacional". Sen embargo o que non foi tan equilibrado para a Galería Trinta foi a acollida dos artistas, xa que "por exemplo Jorge Barbi e Xosé Freixanes foron os que se venderon un pouco máis. A tendencia de compra que se seguíu foi similar a de outros anos, o que máis se vendía era fotografía. Seguida de pintura e moi de lonxe da escultura. En resumo, acadouse un bo inidice de vendas, sobre todo porque as perspectivas para esta edición eran un pouco menores, logo da situación que se vivía na arte logo dos atentados do 11 de setembro". Sen dúbida, unha das cousas que mellor acollida tivo foi a remodelación do espacio, que para a Galería Trinta "está mellor distribuído". Un feito que tamén coincidíu Marisa Marimón, directora da galería ourensá que leva o mesmo nome, quen quixo subliñar que o nivel de acollida se sitou na mesma liña que outros anos. Para Marimón notouse diferencia entre os artistas. E é que a súa galería levaba o prato estrela: Salvador Cidrás. Para a galerista ourensá o reclamo era claro xa que "estaba moi recente a súa exposición no Reina Sofia e o tratamento que os medios lle deron suscitou grande interese".
Pola súa banda para Inés Ramiro, directora de Ad Hoc, as vendas conseguidas pola súa galería foron maiores. Principalmente para as institucións galegas, aínda que tamén para outras institucións pero españolas.
Con respecto ó nivel exhibido en ARCo, a impresion de Inés Ramiro foi bastante gráfica, ó considerar que estivo marcada porque se presentou "sen grandes sopresas".

O que si foi unha sorpresa foi a galería Bacelos, que se "colou" en ARCO no último momento e, aínda que cun stand moi pequeno, levou fotografías de Manuel Vilariño, Cham Madoz, Andrés PInal e Ana Teresa Ortega. E malia a premura coa que se realizaou todo conseguíu vender catro fotografías.

Por último, a Galería VGO tivo un bo número de ventas, entre as que se atopou a obra de Din Matamoro, Tatiana Medal, Almudena Fernández e unha esculutra da artista catalana Susana Solano.











Adquisicións


Logo das vendas chegan as compras. E as tres institucións que foron a Madrid, viñeron coas mans repletas. Por unha banda, o CGAC, como ven sendo habitual, tamén fixo as súas compras, por valor de 180.000 euros tal e como marca o convenio fixado pola Fundación ARCO. Esta vez a Comisión de compras, formada por Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra; José Manuel López Vázquez, profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela; e Miguel Fernández-Cid, director do CGAC. As compras desta institución, que se poderán ver en vindeiras mostras, acollen obras de Lara Almárcegui (Galería Marta Cervera, Madrid), Mónica Alonso (Galería VGO, Vigo), Xoán Anleo (Galería Ad Hoc, Vigo); Gustavo Artigas (Iturralde Gallery, Los Angeles),Salvador Cidrás (Galería Marisa Marimón, Ourense), Johathan Hernández (Galería Carlier/Gebauer, Berlin), José Antonio Hernández-Díez (Galería Elba Benítez), Rubens Mano (Galería Casa Triángulo, Sao Paulo), Duan Michals
(Galería Max Estrella, Madrid), Ernesto Neto (Galería Elba Benítez, Madrid), Manolo Paz (Galería Trinta, Santiago de Compostela), Manuel Vilariño (Galería Bacelos, Vigo).


Polo demais, outra das institucións, Jorge Núñez Lodeiro, do Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa, estaba moi contento cos resultados, de feito, segundo el "O MACUF puido pulsar un clima xeral de satisfacción entre as galerías presentes na Feira, o que parece descartar a tan temida recesión do mercado da arte contemporánea". Un éxito ó que quixo engadir que o cambio na forma de ARCO, o que permitíu "distribuir dunha forma máis racional o espacio expositivo, desconxestionar os corredores de circulación entre stands e incluso habilitar entornos para o necesario descanso dos miles de visitantes do evento. Nos intereses particulares do MACUF, a súa colección permanente se veu ampliada con tres nuevas adquisicións de obras de Manuel Bouzo, Cristina Iglesias e Verbis.


E o MARCO que acudía para presentarse en sociedade non desaproveitou a ocasión para mercar fondos. E o listado que trouxo de ARCO baixo o brazo está formado por Jorge Barbi (Galería Trinta, Vigo), Jana Leo (Gelaría Javier López de Madrid), Álvaro Negro (Galería Marisa Marimón), Jorge Macchi (Galería Ruth Benzacar, Bos Aires) e Din Matamoro (Galería VGO, Vigo)