Derruban o monolito das Cíes mentres o Mago Antón fará desaparecer a simboloxía franquista da coruña

Dous xeitos de eliminar símbolos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Dinamita e arte de maxia. Os operarios da empresa Tragsa conseguían esta mañá derrubar ao segundo intento o monolito de homenaxe franquista que había nas Illas Cíes. Con esta acción, elimínase do Parque Nacional o monumento que lembraba os primeiros 25 anos de goberno do dictador. Pola súa banda, o Mago Antón participará este sábado na vindeira marcha cívica para eliminar esta simboloxía da cidade da Coruña. O ilusionista anunciou que fará desaparecer "por arte de maxia" estes elementos.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illas Cíes

Claves