Os rascuños das actas que a Xunta Central aprobou durante a Guerra da Independencia foron desvelados pola historiadora viguesa Nuria Alonso Garcés. Estes documentos, que chegaron ás súas mans por herdanzas familiares, desvelan, segundo ela, aspectos das decisións desde órgano estatal de goberno que ficaron fóra das actas finalmente aprobadas. Canda a estes, a historiadora sinalou que descubriu outros documentos de MartÃn de Garay, ministro daquel órgano, entre os que se analizan outras cuestións da época, coma a presenza inglesa en España ou os problemas do comercio internacional.