Unha homenaxe e novas exposicións para o 94 aniversario de Laxeiro

Cousas que trouxen da Habana

Tal día coma hoxe nacía en Lalín José Otero Abeledo (1908-1996), máis coñecido como Laxeiro, ilustre e coñecido artista. E a fundación que leva o seu nome non quixo desaproveitar a ocasión para homenaxealo, en primeiro lugar, e para indicar un cambio na súa estratexia. Se o ano pasado a súa mostra visitou A Habana, agora deuse un cambio cara o interior, cara Galicia, xa que a mostra visitará seis cidades galegas e as cinco principais cabeceiras comarcais.


Novidades




Laxeiro cumpriría hoxe 94 anos e o padroado que xestiona a Fundación que leva o seu nome quixo festexalo. E fíxoo como se acostuma a facer nestes casos, cunha homenaxe floral perante o seu busto. Un acto simbólico no que estivo presente o padroado en pleno, artistas do Deza e a súa propia filla, Mari Cruz Otero.
E aproveitaron que estaban todos reunidos para celebrar unha xuntanza na que se asentasen os puntos claves e os obxectivos para celebrar ó longo deste ano para a fundación coa que sempre soñara o artista. E os primeiros obxectivos e intencións que se marcaron para este ano foi contribuir a difundir a obra do artista por toda Galicia. E, de paso, continuar coa liña divulgativa que iniciaron o ano pasado cando exhibiron boa parte do seu legado por Lalín, Ferrol, Ribeira e A Habana. Para este propóstivo, marcaron outro itinerario, exactamente seis localidades e as cabeceiras de cinco comarcas de Galicia.

Ademais dos membros permanentes desta mostra, estiveron presentes na xuntanza, Carlos Príncipe, presidente delegado do Padroado; Mari Cruz Otero, a filla do pintor e vicepresidenta da Fundación; Mari Carme García Campelo, diretora xeral de Cultura da Xunta; Guillermo Brea, de Caixanova e outrsos memrbos como Heriberto García e os pintores Antón Sobrale Antón Pulido.












Balance


Ademais das exposicións que continúan coa internacionalización posta en marcha con "Laxeiro... el eterno retorno". A fundación fixo balance dos actos conseguidos e realizados ó longo do ano. Foi o caso do ciclo de conferencias sobre arte contemporáneo que pretendían dar claves para coñecer os movementos artísticos actuais; as bolsas apra a creación artística; restaurou a colección permanente e mantivo un servicio permanente de estudio e catalogación das obras do artista.
E para manter estas iniciativas o ano pasado contaron cun presuposto de 17 millóns. Este ano a fundación o que pretendía era dar un xiro significativo, e para iso, tal e como deron a coñecer na xuntanza celebrada onte, era de chegar ós 300.500 euros (uns 50 millóns de pesetas) dos que xa teñen 132.222 (22 millóns).