A exposición Galicia en Cartel clausúrase en Toulouse con máis de 26.000 visitantes

A mostra xa estivo en Compostela, Montevideo, Bos Aires e Kiel

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A exposición Galicia en Cartel clausúrase en Toulouse con máis de 26.000 visitantes

A exposición itinerante Galicia en Cartel clausurouse en Toulouse, despois de recibir a visita de 26.000 persoas. A exposición puidose ver nun marco impresionante: a igrea dos Jacobins, unha xoia do gótico do sur de Francia. A exposición percorre a historia do cartelismo galego nos séculos XIX e XX. Segundo Ruth Varela, a deseñadora da montaxe da exposición, o proxecto comisariado polo profesor da USC Xosé Manuel Santos e financiado polo Xacobeo e a Dirección Xeral de Turismo, adáptase a cada un dos espazos nos que se amosa e xa pasou por Santiago de Compostela, Montevideo, Bós Aires, Kiel e Toulouse.

Coñece a espectacular montaxe na igrexa des Jacobins
1/8
Mira imaxes desta espectacular exposición na igrexa dos Jacobins
2/8
Imaxe 3
3/8
Imaxe 4
4/8
Imaxe 5
5/8
Imaxe 6
6/8
Imaxe 7
7/8
Imaxe 8
8/8

No caso da igrexa dos Jacobins, de Toulouse, a exposición é espectacular, como podes ver na galería.

Ruth Varela, deseñadora da montaxe, escribiu un texto explicando o que podes ver nas imaxes:

"O marco de Jacobins era incomparable. A través dun camiño, franqueado por velas a ambos lados, chegábase á cabeceira da igrexa, que era onde se concentraba o contido da mostra. Era, dalgunha maneira, como entrar en Galicia despois de percorrer o camiño. A montaxe creaba nese lugar unha atmósfera moi acolledora. A música, (unha selección de temas de Abe Rábade), os aromas do incenso, a iluminación, as cores, as texturas e a proporción de tódalas cousas estaban pensados para crear un ambiente envolvente. Alí ensaiamos infinitas variacións de luz. (as variacións propias do noso clima atlántico). E para recrear mellor a luz de Galicia empregamos luz e tamén auga, porque a luz en Galicia ven filtrada por ela, pola auga que vai batendo no ceo (para iso colocamos dúas máquinas de neboa baixo o Palmier, regulables, para ir modificando a densidade da auga, a humidade do ar).
Iluminamos toda a bóveda, desde a base da columna do "Palmier", cos mesmos proxectores que empregan os avións para aterrizar e que nos permitían chegar cos feixes de luz ata os 28 metros de altura que ten a bóveda. Colocamos tamén proxectores de luz, desde as capelas ata a bóveda, e dous proxectores que iluminaban os lirios de Santiago e que recortaban con luz as letras de GALICIA EN CARTEL sobre a moqueta roxa. Así mesmo para iluminar os carteis de Galicia empregamos un sistema delicadísimo de luz fría electrónica, cunha mezcla de blancos cálidos e fríos, que lle daban luz a cada lenzo, desde o propio soporte no que ía apoiado o cartel. A propia variación da luz natural, que entraba polas grandes vidrieiras, facía o resto.

O gran mesado-espello que colocamos baixo o Palmier permitía que se reflexase toda a bóveda do "Palmier", e tamén, desde algún punto de vista toda a igrexa. O mesado, de 38 metros cadrados, agrandaba aínda mais a espacialidade da igrexa e producía un efecto sorprendente no espectador. En lugar do habitual corte de cinta a inauguración consistiu en levantar a tea roxa que o día da inauguración cubría o mesado de espello. Cando Pilar Morgade, Subdirectora de Fomento e Cooperación da DXT, e Daniel Filâtre, reitor da UTM, levantaron a tea, e os espectadores puideron ver toda a igrexa reflexada no espello, os aplausos encheron a igrexa. Foi un momento embriagador. Sobre o gran mesado espello estaban pousadas as flores de Santiago que parecían medrar baixo a sombra da Palmeira de Jacobins.

O concello de Toulouse pediunos que non retirásemos o espello, para seguir disfrutando desta visión privilexiada, despois da desmontaxe da exposición. Alí sigue. "

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, Xacobeo, Turismo, USC...