Abre en Mondoñedo o primeiro Centro de Interpretación do Camiño

O espazo está centrado na Ruta Norte de peregrinación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Mondoñedo conta desde esta mañá co Centro de Interpretación e Información do Camiño Norte, o primeiro dos oito deste tipo que se crearán nas diferentes rutas xacobeas. O centro, situado nun pazo do século XVIII, achega información sobre a xeografía e a historia desta ruta mediante mapas, paneis e contidos multimedia. O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, anunciou na inauguración que os 366.000 euros investidos neste proxecto son só unha parte dos 2,5 millóns de euros destinados ao conxunto de centros.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, Xeografía

Claves

Conceptos
Lugares