Santiago homenaxea a Paulo Coelho, gran divulgador do Camiño

O escritor inaugura hoxe unha rúa co seu nome na cidade

23/6/2008 | | Seccións: Literatura
Compartir:

Retrato de Paulo Coelho

Unha das obras máis exitosas do escritor brasileiro Paulo Coelho foi O Peregrino de Compostela. Diario dun Mago. Aínda hoxe a cidade de Santiago de Compostela se beneficia do fluxo de turistas que chegan á cidade inspirados por esta obra de Coelho, clave para entender a difusión do Camiño de Santiago en países coma Brasil. Para agradecerllo, Compostela convidou hoxe a Paulo Coelho a inaugurar unha rúa co seu nome hoxe en San Marcos e mesmo percorrerá as cacharelas de San Xoán da cidade esta noite despois da cea.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paulo Coelho, Brasil, Camiño de Santiago, San Xoán...