A cidade hoxe coñecida como Santiago de Compostela non sempre se chamou así. De feito, o rueiro antigo da cidade podería ter conservado ata hai ben pouco as trazas da vella toponimia da Idade do Ferro, mesmo aínda despois do descubrimento da tumba do Apóstolo e o xurdimento do burgo medieval. E ese nome é Callobre, un topónimo prerromano que se podería traducir como Monte Pedroso ou Castro Pedroso. Así o propón Juan Carlos Búa Carballo, profesor da Universidade de Leipzig (Alemaña), nas actas recentemente publicadas do congreso Os camiños de Santiago de Europa a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio. O volume, a cargo de Ana Boullón e Luz Méndez, foi editado pola Real Academia Galega e está dispoñible de libre acceso na web da institución.
Algúns dos topónimos presentes no rueiro compostelán remiten a realidades do mundo prerromano, cando faltaban moitos séculos para o nacemento da primeira cidade medieval. Na praza de Galicia estaba a antiga Porta da Mámoa, unha das máis concorridas entradas, na actualidade, á zona vella. A partir dela, ascendendo, chégase ata a rúa do Castro, que está por detrás da Facultade de Historia, e marcando a zona máis alta da elevación natural da cidade. A rúa do Castro ten aos pés a antiga igrexa de San Fiz de Solovio, onde a tradición da Translatio situaba a aldea labrega próxima á fraga na que residía o eremita Paio, responsable da descuberta da tumba. O que se decatou Búa Carballo foi de que "o conxunto ou parte" das actuais rúas hoxe coñecidas como Orfas, Calderería e o Preguntoiro chamáronse no pasado a rúa de Callobre. De feito, cando Rosalía de Castro bautizou a Aura, a súa segunda filla, na igrexa de San Fiz de Solovio, declarou residir nesa rúa de Callobre. O topónimo desapareceu do rueiro compostelán no século XIX. A proposta xa fora avanzada por Higinio Martins en 2007 no seu libro As tribos calaicas, quen asignaba este topónimo ao "castro local, tal vez deserto no século IV, mas do que se guardaria memória".
Este enigmático Callobre "dalgún xeito debeuse conservar ata ese momento, designando o lugar polo que pasa a rúa (o outeiro da zona vella cara ao leste), o lugar ao que se dirixe (polo norte da zona vella) ou se cadra en orixe todo o monte que une a parte alta da zona vella co monte da Almáciga", afirma Búa Carballo. Pero Callobre non é un topónimo exclusivo da cidade. Repútese cando menos noutros cinco lugares de Galicia, entre a Estrada, Oza dos Ríos, Miño e Ortigueira e ten paralelos próximos en Portugal e Francia. Para Búa, o topónimo sería parte da familia dos numerosos topónimos -actuais ou conservados en inscricións de época romana- que remiten aos antigos nomes de poboacións e montes da Gallaecia da idade do Ferro.
Castros rematados en -bre
De feito, a interpretación máis consensuada desa terminación tan característica en bre ou en -bris asóciase na literatura científica cos castros ou lugares en altura. Coñécese un gran número de topónimos con esta terminación. Moitos están vinculados -directamente ou a través dos individuos que declaran a súa procedencia- á costa atlántica galega, como Aviliobris, Blaniobris, Lubris, Miobris ou Letiobri. En concreto, moitos teñen que ver cun conxunto de pobos prerromanos moi determinado: os Célticos praestamarcos e supertamarcos (ao redor do río Tambre, entre o Barbanza, as comarcas de Muros e Noia ou Mazaricos, e tamén no territorio do Golfo Ártabro.
Callobre pertencería a este grupo lingüístico. "Vén probablemente dun orixinal *Caliobri ou *Calliobri", sinala Búa. O significado deste topónimo é bastante transparente para moitos investigadores. *Call quere dicir pedra. Así se denominaba tamén na lingua dos galos, *calio e se conservou en francés antigo como chail. O -bre significaría monte ou castro. Deste xeito, *Caliobrig podería significar Castro Pedroso ou Monte Pedroso, como aínda se chama hoxe o monte máis próximo á cidade. Porén, Búa Carballo desbota a posibilidade dun castro, xa que ata o momento non se teñen detectado evidencias dun xacemento deste tipo no alto de Compostela. Aínda así, a existencia dunha Rúa do Castro ao final da antiga rúa de Callobre é cando menos intrigante. Por certo, a partícula *call é moi posiblemente a mesma que dá lugar a outro nome algo máis coñecido: Gallaecia, orixinalmente coñecida como Callaecia.
Un 'Comité de Expertos' para escoller o nome da cidade
No mesmo volume, o investigador Gonzalo Navaza adéntrase na etimoloxía dos propios topónimos xacobeos da cidade. Navaza desvela que as primeiras denominacións do pequeno núcleo eclesiástico xurdido ao redor da tumba do Apóstolo non estiveron nada claras.
"O topónimo Compostela non existía no século IX pero na segunda metade do século XI Compostela xa levaba sendo o nome popular do lugar desde había algunhas décadas", sinala Navaza. No artigo, o investigador rexeita a hipótese de que Compostela proceda dun orixinal Campus Stellae, o campo da estrela. Esta explicación, tan popular aínda hoxe, foi potenciada mesmo pola propia iconografía xacobea. Por toda a cidade pódese ver a heráldica coa clásica forma da estrela marcando a localización dun gran sartego coas reliquias de Santiago. De feito, Navaza explica que a famosa estrela non aparece nos primeiros relatos do descubrimento do Apóstolo, onde son unhas "luminarias" as que sinalan a Paio o sitio no que buscar. Navaza inclínase por pensar que a idea dunha estrela marcando o lugar puido ter xurdido en "medios franceses ou occitanos".
"Na documentación máis antiga o nome que recibe ese lugar é Sanctus Locus, Locus Sanctus, Sanctus Apostolicus Locus, Locus Apostoli Sancti, Loco sancto Sancti Iacobi", explica Navaza. No relato do descubrimento da tumba que figura no Cronicón iriense, de finais do século XI ou comezos do XII, figura unha curiosa e moi descoñecida pasaxe. "Despois reuníronse os homes sabios e preguntáronse como se había chamar este lugar. Uns dixeron o Santo Lugar, outros o Libre don ou Libredón e outros Compositum tellus". Velaquí un fenómeno moi pouco frecuente en Galicia: un auténtico comité de expertos decidindo o nome dunha cidade. O Santo Lugar ten unha orixe ben clara na descuberta, Libre don pode deberse ás doazóns reais para a nova basílica e Compositum tellus ten aínda un significado opaco para Navaza.
O que si está claro é que nos seus cálculos, aquel comité de expertos decidiu facer borrón e conta nova e non incluír entre as opcións o ancestral nome de Callobre. Tampouco sería a última vez que tal cousa pasara no país.