Constituír unha comisión de prensa que recompile a información que xeran os centros galegos no exterior e concentrar eses datos no web. Crear unha mesa de coordinación entre os diferentes grupos de mocedade da Arxentina e desenvolver un grupo virtual que facilite ese contacto. Son só algunhas das propostas que xurdiron do II Foro da Xuventude que se estivo a celebrar en Arxentina os días 13 e 14 deste mes. Ao tempo, os máis novos da nosa diáspora no Cono Sur apostan tamén pola formación e anuncian cursos de "informática, xestión, liderado, oratoria, lingua galega, que permitan un mellor aproveitamento dos recursos existentes".
O mozos galegos no exterior apostan polas novas tecnoloxías para mellorar a súa comunicación
Conclusións do II Foro da Xuventude
16 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
1 lugar identificados

