Marcos Teira presenta Alí, o seu novo disco en solitario

Flamenco de Salgueiriños

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O mercado de Salgueiriños resoa esta mañá con ar flamenco. O guitarrista Marcos Teira escolleu este espazo compostelán para presentar Alí, o seu novo disco en solitario. Teira fai con esta obra unha homenaxe ao falecido músico Alí Farka Toure, e conta coa colaboración de artistas galegos, granadinos e alxerianos. Un concerto no Teatro Principal de Santiago será, ás nove e media desta noite, a estrea oficial destes sons.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Medios de comunicación, Teatro Principal de Santiago de Compostela