Marcos Teira presenta Flamenco Translations Solo Guitar

O álbum, de doce temas, fai parte dun proxecto didáctico

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Flamenco Translations Solo Guitar

Flamenco Translations Solo Guitar

Doce versións en guitarra flamenca de clásicos como La flor de la canela, Alfonsina ou mesmo Day Tripper, dos Beatles. Esta é a última proposta de Marcos Teira, que acaba de lanzar Flamenco Translations Solo Guitar. O disco autoeditado fai parte do proxecto didáctico deste músico Flamenco Translations, que consiste en obradoiros, un método de ensino e mais unha serie de CDs que comezan con este.

O disco recupera o repertorio do disco promocional Alhambra Acoustic Sounds que o músico galego gravou para a marca de guitarras Alhambra e que tamén viu a luz este mesmo ano.

Teira iniciará o vindeiro mes de xaneiro unha sala de concertos en pequenas salas para presentar o seu último traballo.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

U-lo disco?

O trío de experimentados músicos presenta o seu primeiro disco autoeditado

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CDs, Clásicos, Ensino

Claves

Conceptos
Lugares