Roi Casal presenta Maxicamente vello

Un concerto en Compostela inicia esta noite a xira de presentación do novo disco do arpista

18/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un concerto, ás nove e media desta noite, na Sala Capitol de Santiago servirá de presentación a Maxicamente vello o novo disco de Roi Casal. O arpista de Milladoiro continúa a súa carreira en solitario con nove temas entre os cales está o que lle dá título ao CD, tirado dun poema de Manuel María que Casal musicou. Dentro do folk, o músico experimenta achegándose a tons pop e rock con instrumentos como a zanfona e bouzouki ademais da arpa. Roi Casal inclúe no disco un código de usuario e un contrasinal co que se pode acceder a unha zona restrinxida da web www.roicasal.com, que incluirá novidades, cancións inéditas e descontos para futuras actuacións ao vivo do músico e compositor galego. O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, continúa unha xira que durará, nun comezo, dous meses.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Rosalía de Castro, Rock, Folk...