Desde hoxe xa está dispoñible nas tendas o disco Lendas Douradas, primeiro en solitario do arpista de Milladoiro. O álbum editado por PAI Música recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal, malia que tamén déixase escoitar a voz de Silvia Ferre nalgunhas cancións. Hai, no repertorio que ofrece o disco, unha variedade de matices musicais, que van desde a virtuosidade de Casal na arpa en temas como Fandango e Recordos da infancia ata a presenza do rock eléctrico en temas como Inimigos ou, en menor medida, Noite de San Xoán. A revisión do folk popular e mesmo do cancioneiro medieval tamén teñen cabida en Lenda Dourada No capÃtulo das letras cabe destacar o protagonismo das achegas poéticas de Manuel MarÃa e RosalÃa de Castro ao disco.