O Centro Galego de Arte Contemporáneo está de anivesario. E para celebralo a institución acaba de presentar un calendario de actividades para os vindeiros meses nos que terán dúas compoñentes: unha festiva e outra reflexiva.
Malia que será en setembro cando se cumpren oficialmente os quince anos do CGAC, o director do centro, Manuel Olveira, e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, presentaron esta mañá as actividades coas que se celebra o aniversario. É o momento de pensar, de reflexionar sobre o proxecto, pero tamén de celebrar apuntaba a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Estas dúas facetas están no programa de actividades que presentou Manuel Olveira que se concentran nos meses de verán. O prato forte terá lugar na semana do
19 ao 22 de xuño. Neses días o CGAC abrirá de madrugada e achegará música irreverente cos británicos Tiger Lillies, un espectáculo trandisciplinar con Ecléctica Ensemble e varios DJ. Ademais, nesa semana abriá Situación a exposición comisariada por Manuel Segade que supón un estado da situación da arte galega actual a través da obra que seis artistas novos crearon in situ para o CGAC.
Pero hai moito máis, aquí che presentamos as actividades previstas para os vindeiros meses:
Sábado 1 de xuño. Exposición Argot, labirinto sonoro de Concha Jerez e José Iges (ata o 31 de agosto).
Previa a todas as actividades para celebrar o aniversario, Esta instalación supón o achegamento da música ás artes plásticas
Venres 20 de xuño.
Inauguración da exposición Situación(20:00 horas)
Concerto Tiger Lillies (22:30 horas)
Sesión DJ con Ernesto Gómez (23:30 horas).
A exposición comisariada por Manuel Segade fai un estado da cuestión e da situación das artes visuais en Galicia. Selecciona un grupo de de artistas arredor dos trinta anos que xa teñen demostrado unha madurez creativa, malia que aínda non sexan suficientemente recoñecidos por amplos sectores de público, tales como Mónica Cabo, David Ferrando Giraut, Rubén Grilo, Enrique Lista ou Rubén Santiago.
Sábado 21 xuño. Noite branca
Proxección do filme Drawing Restraint 9 de Matthew Barney e Björk (20:00-2:00 horas)
Concerto Eclectica Ensemble na terraza do CGAC (22:00 horas)
Proxeccións no Auditorio do CGAC de videocreacións da colección do museo
Sesión DJ Nathan Carter + VJ Nela (23:30 horas)
Domingo 22 xuño. Obradoiros e concerto.
11:00-19:00 horas: Actividades para familias durante todo o día con obradoiros cada dúas horas
12:00-18:00 horas: Visitas guiadas ao CGAC de Siza. Para coñecer a man do arquitecto.
22:00h. Concerto de Othon&Tomasini.
Xoves, 10 de xullo. Exposición: Juan Araújo
Ata o 10 de setembro verase o traballo de Juan Araújo (Caracas, Venezuela, 1971) que reflexiona sobre a importancia que se lle dá á orixinalidade nas obras de arte e as consecuencias da reprodución e copia das mesmas.
Mércores, 23 de xullo. A exposición: A sombra da historia
Unha nova exposición do Proxecto-edición. Nesta ocasión artiats como Joan Fontcuberta, Jorge Barbi, Xavier Rivas, Raimond Chaves, Teresa Margolles, Lara Almarcegui ou Ignasi Abalí analizan o cambio que os avances tecnolóxicos produciron na xestión dos nosos recordos.
CICLOS
Ciclo de cine. (As proxeccións terán lugar os mércores do mes de xullo e os xoves de agosto ás 22:30 horas)
Eixe temático: a celebración no ámbito familiar, social, cidadán, etc.
Xullo
9 Celebración de Thomas Vinterbeg
16 Little Miss Sunshine de Jonathan Dayton
23 El festín de Babette de Gabriel Axel
30 El ángel exterminador de Luis Buñuel
Agosto
7 Día de fiesta de Jacques Tati
14 Plácido de Luis García Berlanga
21 Atrapado en el tiempo de Harold Ramis
28 Los amigos de Peter de Kenneth Branagh
Ciclo de Performance (Parque de Bonaval todos mércores do mes de agosto ás 20:30 h.)
6 María Marticorena, A golpe de-yo-yo, las reglas las pongo yo
13 Miquel Noguera, Ultrashow Jesús Mariñas
20 María Gil, Glasgow 4. O nome de todas as rúas
27 Félix Fernández, O desertor
PROGRAMA FORMATIVO: OS TALLERES
-Taller audiovisual: Ponte no medio. Do 1-4 de xullo. Idades 13-15 anos.
-Taller de teatro: Fabulando universos. Do 8-11 de xullo. Idade 4-6 anos.
-Taller de creación musical: Mural de sons e silenzos. Do 15-18 de xullo. Idade 7-9 anos.
-Taller de expresión corporal e circo: Paxen e vexan. Data 11-14 de xullo. Idade 8-11 anos.
-Taller de arquitectura visionaria: Ecovisións. Do 29 de xullo ao 1 de agosto. Idade 10-12 anos.
-Taller de colaxe: mitos e papeis. Data 21-24 de xullo. Idade 9-11 anos.