Caixanova e o Teatro Rosalía presentan as súas programacións ata final de ano

O Rosalía e a caixa

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Setembro é un mes de avance das programacións que veremos nos vindeiros meses. O teatro Rosalía da Coruña acaba de dar a coñecer a súa proposta, na que destacan dúas producións galegas (Centro Dramático Galego e Teatro do Atlántico) dentro dunha listaxe de títulos procedentes de Madrid e Barcelona. Por outra banda, Caixanova está a presentar estes días as súas programacións culturais en Ourense, A Coruña e hoxe en Vigo. Unha iniciativa que se mantén fiel aos seus principios: exposicións dedicadas á arte española e galega contemporánea, artes escénicas e musicais (con ballet clásico que este ano ten a compañía de Víctor Ullate como prato forte) e actividades para escolares.

Máis información no web do Teatro Rosalía e no de Caixanova

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Teatro, Artes Escénicas, Exposicións...