Quessada leva a súa obra a Vigo mentres prepara unha cita en Chicago

A ruta das series

Quessada está imparable. Acaba de expoñer en Madrid unha pequena parte da súa colección (polo seu gran tamaño non houbo sitio para expoñer todas as súas obras) e tan pronto a exposición chegou ó seu fin, embalou rapidamente o seu traballo e levouno para Vigo. Alí se exhibirá ata o vindeiro 24 de febreiro, de onde partirá para un novo encontro en América. Esta vez, en Chicago. Pero non é a única obra que se exhibe estes días, xa que a sala da Deputación de Lugo acolle unha mostra das series "Mallorca" de Miró. E tamén de ilustres é a última exposición que se inaugura no museo de Pontevedra que exhibe debuxos de Picasso, Dalí, Mallo e Souto.

Quessada, en ruta




Xaime Quessada (Ourense, 1937), leva unha temporada moi axitada. Os cadros que formaban parte da súa primeira grande exposición en Madrid hai uns días, están hoxe en Vigo. A Casa das Artes e a Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixanova acollen estes días os seus excesos. Unha obra que quere amosar a cara máis multiforme do artista. E así se poderá apreciar a un Quessada surrealista, postcubista e expresionista, e o postcubista e expresionista, a obra dun artista que foi evolucionando co tempo e as viaxes e mesmo as súas propias tendencias políticas.

Unha mostra que non pretende ser unha antoloxía, nin moito menos, senón unha escolma da súa producción que ten sempre problemas de exhibición debido ó seu gran tamaño. E mentres as súas pinturas estén durante trinta días repousando nestes dous centros vigueses, Quessada xa está pensando na súa próxima cita: Chicago a onde levará principalmente a súa obra máis comprometida.












Series de Mallorca


Estes días pódese ver en Lugo unha das facetas menos coñecidas de Joan Miró, pero non por iso menos cultivada. De xeito, Miró foi gravador desde os trinta anos, e foi unha tarefa que cultivou durante toda a súa vida porque as series permitíanlle chegar a descubrir novas formas e texturas.

Miró elaborou durante a súa vida unha colección de dez series (formada cada unha por 36 obras) que teñen un importante valor artístico. A que exhibe estes días na sala da Deputación de Lugo titúlase "Mallorca" e está composta por nove aguarfortes con cincuenta exemplares, pero decidiu complentar dez de eles en color negativo e branco e negro". Un traballo que recolleu o seu interese polo negro e a reducción no uso das demais cores no seu beneficio.
A exposición, que incluirá as fotografías de Joan Miró e materiais dos que ser servíu para dar forma ós gravados, estará ata o 3 de marzo.






Pontevedra co debuxo


O Museo de Pontevedra inaugurou onte unha exposición "de mestre". É dicir, xuntou nunha mostra colectiva unha escolma de debuxos de grandes creadores entre os que destacan, Joan Miró, Pablo Picasso, Salvador Dalí, Antoni Tàpies, Eduardo Chillida e Maruja Mallo. Unha mostra que leva por título "Mestres do século XXI. Debuxos" que chega da man da Fundación Cultural Mapfre Vida, que pretendía con esta iniciativa enriquecer as coleccións ó tempo que se cubría unha parcela da historia de arte español. A mostra poderase complentar a ta o vída 24 de febreiro.