A Xunta elaborará un catálogo para unificar a sinalización turística

Sinalar claramente

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Que todos os nosos recursos (arquitectura civil, relixiosa, popular ou doutro tipo) estean ben sinalizados e que ninguén se perda no intento de visitalos. Este é o obxectivo que persegue o decreto aprobado no Consello da Xunta esta mañá. O documento, impulsado pola Consellaría de Innovación, contempla a creación dun “Catálogo de sinais turístico” homoxéneo para identificar todos os recursos turísticos. Afectaralle a todos aqueles que queiran incluir algún sinal no noso territorio, sexan entidades públicas ou privadas de carácter autonómico, pero procurará coordinarse coa administración local e a estatal para conseguir esa sinalización única.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura

Claves

Conceptos