Polémica pola sentenza que declara ilegais os sinais en galego

O Concello de Pontevedra manteráas A Mesa denunciou a exclusión do galego da sinalización

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A sentenza pola que o Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra sinala a ilegalidade dos sinais de tráfico escritos só en galego está a provocar unha viva polémica. Onte se coñecía a nova de que esta sala retirou a multa dun veciño da cidade que alegara que non entendera o texto da sinal por estar na nosa lingua. Con esta sentenza, o tribunal sinala que o artigo 138 da lexislación sobre tráfico sinala a obrigatoriedade de incluír o castelán na sinalización.

O goberno municipal de Pontevedra, pola súa banda, sinalou que se produciu unha filtración interesada da sentenza, que data de 2010, e apuntou que non mudará os sinais de tráfico, xa que, segundo César Mosquera, concelleiro de Ordenación do territorio "non existe conflito ningún".

Pola súa banda, A Mesa pola Normalización sinalou que a sentenza non estabelece xurisprudencia e lembrou que “o idioma propio tamén debe estar presente nas sinalizacións de competencia estatal".

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Pontevedra, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares