A bicicleta está de moda estes días, e tamén a chuvia e as acuarelas. Son os tres temas das exposición máis importantes que enchen estes días o panorama cultural. E empezamos polo museo etnográfico Liste de Vigo que cumpre o seu primeiro ano de exposicións exhibindo unha mostra sobre a bicicleta. A orixe, os diferentes tipos, as marcas máis coñecida son algúns dos aspectos que se abordan nesta mostra que se pode ver ata o 22 de febreiro. E de chuvia vai a mostra coa que Antonio Mir expón na Casa da Parra unha mostra-aniversario dos dez anos da súa estadía en España. E rematamos, en Lugo, onde a Sala de Colexio de Enxeñeiros Técnicos acolle a última mostra do artista pontevedrés Rafael Alonso.
Liste vai en Bicicleta ó museo
Lucas, Miller, Hella, Mella, Simplex, Larrinaga, Orbea ou Blaco; a pedais, de petróleo, carburo; con pedais, cambios de marchas... ata un total de 200 mostras forman parte desa peculiar historia da bicicleta que desde hoxe e ata o vindeiro 22 de febreiro se poderá ver no Museo Liste de etnografía. O mesmo centro que neste mes cumple un ano de vida con mostras que se centran no coleccionismo privado, sacando á luz as mostras que ata hoxe permanecen agochadas dentro da propia casa.
Esta mostra forma parte da coección privada de Luis Molist Rodríguez, un ciclista retirado que leva bastantes anos atesourando pezas deste tipo. A exposición conta cun velocípedo de finais do s.XIX, ata bicicletas Raleig de 1925 e triciclos dos anos trinta.
A Chuvia na Casa da Parra
Malia que o tempo está moito máis seco que o que acostuma a ser habitual nesta época, a Casa da Parra acolle unha mostra de "Chuvia". Ou polo menos ése é o título co que Antonio Mir ofrece unha mostra que pretende ser un aniversario dos dez anos da súa estadía no Estado Español. Ademais, con ela pretende destacar a evolución do seu autor durante os anos que estivo nesa estadía.
Antonio Mir ten ás súas costas vinte exposicións individuais e colectivas de grande acollida polos críticos, que se realizaron en lugares tan destacados como no Palazzo Pamplini en Roma.
As acuarelas de Lugo
A sala do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Lugo acolle a mostra retrospectiva do artista pontevedrés Rafael Alonso. Nado en Pontevedra (1924-1995) este acuarelista tivo unha destacada traxectoria pictórica, na que amosou a importancia do colerido e dos motivos paisaxísticos. Nun interese propio por ofrecer un achegamento ata os diferentes mundos. Tras abandoar os seus estudios de arquitectura, con exposicións en Vigo e en Pontevedra, marchou a París a principios dos cincuenta cunha bolsa de estudios, o que lle permitíu mellorar a súa técnica, así como entrar en contacto con outra xentes e outras correntes artísticas. Á súa volta a galicia, foi galardoado coa medalla de Ouro da Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. Desde onte, e ata o vindeiro 8 de xaneiro, todos os que se acheguen por Lugo poderán contemplar unha mostra de 25 obras das súa acuarelas.