A Academia de Belas Artes reúnese en Lugo, que acollerá o Museo de Gravado

Exhibir as feridas

Desde que a Real Academia de Belas Artes se creou en 1849, a súa sé da Coruña foi sempre o seu lugar de reunión. Unha tradición que rompeu este sábado ó reunirse en Lugo. Concretamente, no salón de plenos da Deputación onde se acordou desenvolver unha medida positiva para a cultura lucense. E o acordo consiste na cesión de 2.000 gravados da Calcografía Nacional ó Museo Provincial de Lugo para unha mostra. Un feito que non se debe deixar pasar por alto, xa que é o primeiro paso para a creación do Museo Galego do Gravado. E se falamos de arte, non podemos esquecernos das últimas mostras que se colgan nas galerías antes de rematar o ano. Lomarti pecha a temporada expositiva en Madrid, e a Casa das Artes de Vigo e a Fundación Laxeiro exhiben unha mostra colectiva en torno á sida baixo o título "Identidades feridas".

Belas Artes une Lugo e A Coruña




A xuntanza que os membros da Real Academia de Belas Artes tiveron en Lugo foi moi beneficiosa para a cidade. Non só pola propia novidade do feito de que a Academia se xuntase fóra da cidade da Coruña, senón porque se acordaron unha serie de medidas que contribúen a reforzar todos os movementos e iniciativas culturais que se desenvolven na cidade. A primeira, e máis directa das medidas, foi o acordo polo que se cede unha colección de 2.000 gravados da Calcografía Nacional ó museo provincial de Lugo para unha exposición. Unha acción que se interpreta como o primeiro paso para a construcción do Museo Galego do Gravado que terá sé en Lugo. Un centro que, nun primeiro momento, estará situado no edificio da coñecida praza da Soedade. Forman parte desta mostra dúas series de Goya que a Academia posúe en propiedade e que se cederán como parte dos fondos que van a formar parte deste centro museístico.
Entre outras das iniciativas e dos actos que se acordaron na xuntanza do pasado sábado estaba ademais, a sinatura dunha serie de proxectos de recuperación do patrimonio artístico da provincia. Uns proxectos que teñen que ver coas cinco disciplinas e categorías nas que se estructura a propia Real Academia Galega de Belas Artes: escultura, pintura, arquitectura, música e compoñentes na arte.












A fin dun ano en Madrid




O escritor lucense Lomarti e unha obra de cartelismo de Isaac Díaz Prado son as dúas mostras que pechan a temporada expositiva en Madrid. Logo de 200 actos realizados ó longo do ano e que engloban a unha gran multitude de disciplinas a Casa de Galicia en Madrid pon fin deste xeito a todas as exposicións celebradas durante todo o ano. Un balance moi positivo dun centro que leva nove anos aberto ó público e que cada ano ofrece un maior incremento no número de obras.
Nesta exposición que pecha o ano ofrecen, por unha banda, un percorrido histórico da obra de Lomarti, e pola outra, exhiben un material gráfico de Isaac Díaz Pardo de gran valor artístico e histórico.







As identidades feridas de Vigo



Baixo o título "Identidades feridas" unha serie de artistas galegos reflexionan de xeito gráfico, sobre a súa enfermidade en Vigo. Trátase da sida, e todas as pezas que se colgan nas paredes da Fundación Laxeiro e da Casa das Artes viguesa pretende afondar nas diferentes disciplinas da enfermidade.
A mostra estará aberta ata o vindeiro día 16 de xaneiro e reúne as obras de once artistas estudiantes de Belas Artes (María Xosé Ares, María Jesús Fariña Busto, Dolores Gálvez, Lucía Gómez, Ernesto González, Torterolo, Enrique Lista, Juan Carlos Meana, Alex Mene, Jorge Migoya, Mart Riv e Sara Sapetti). A obra está comisariada por Xosé María Buzán e por membros do colectivo de Legais (Lesbianas e Gays de Vigo). Conta co colaboración das concellalías de Cultura e Bienestar Social do Concello de Vigo e o Patronato da Fundación Laxeiro.