Néstor Basterretxea no Macuf e Antony Gormley no CGAC, primeiras exposicións

Corpo e terra

As primeiras e as últimas do ano. Non se trata dunha competición coma nos anuncios de televisión, senón en cumplir coa programación que os centros museísticos establecen con moito tempo de antelación. E esta vez falamos de dous museos importantes no panorama cultural galego. A última do ano do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (Macuf) é a de Néstor Basterretxea (Bermeo, 1924) que reflectirá de modo alegórico a identidade da súa terra. E a primeira do ano do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) son as esculturas de Antony Gormley, que xiran arredor da figura do corpo.

Vasquismo




Néstor Basterretxea (Bermeo, 1924) é un namorado da súa terra, o País Vasco. E esta é unha sensación que non pasará desapercibida por todo aquel que contemple a súa obra. Unha mostra que estes días (ata o 17 de febreiro) se poderá ver no Macuf. Pero ese interese de Basterretxea por amosar a súa terra vai máis alá do meramente plástico e estético, centrándose no ético e nos valores.
Un total de trinta esculturas permitirán un achegamento ata a figura de Basterretxea e á súa terra. Son as pezas que conforman integramente a serie "Cosmogónica vasca" e que recollen os mitos, as lendas e rituais populares da terra. Por ese motivo, poderemos ver obras que recrean a personaxes como "Intxixu", "Majué" ou a diiosa máis importante "Mari" nunha serie que incorpora a maiores a outras 15 deidades. E nesa mostra de homenaxe ós valores da súa terra, Basterretxea quixo facer un guiño a Galicia, coa que di sentirse identificado. Por ese motivo, incorpora obras que recordan á Galicia máis ancestral incoroporando na súa obra tallas que ven asemellan ós petroglifos.

Un interese por plasmar graficamente o que el considera "a riqueza dun verbo" pero que carecía de imaxinario propio. E no que el se adentrou desde o ano 60 a través das esculturas. Así, esta mostra ofrecerá unha percorrido pola sáus traxectoria artística.













O corpo do CGAC


O corpo e as súas multiples representacións plásticas encherán o CGAC desde o vindeiro día 18 de xaneiro. Este é o día no que se inaugura a mostra do escultor británico Antony Gormley que utiliza o corpo para reflexionar sobre a escultura e o lugar que ocupa a nivel físico, entre as artes e a súa ubicación no espacio real. Unha mostra que pretende facer unha revisión do traballo deste escultor ó longo das dúas últimas décadas, e que será pioneira en todo o estado español.
Pero a obra de Gormley non estará soa no CGAC, e ó seu lado non desemerecerá a obra dunha lucense, Mónica Alonso (A Fonsagrada, 1970). Formada coas primeiras promocións saídas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, exhibirá as pezas máis representativas últimas obras a partires do día 25 de xaneiro. Unha mostras significativa dunha creadora galega que amosa a súa obra por primeira vez no CGAC. Pero no será a única autora que encherá as salas do centro este ano. Algúns dos nomes que cubrirán parte da programación do CGAC para o 2002 complétase con Xoán Anleao, Antonio Murado e Manuel Vilariño.