O outono continúa cargado de mostras que se distribúen por toda Galicia. As galerÃas privadas son un dos lugares que realizan unha oferta máis variada en canto a arte. Centros deste tipo achégannos estes dÃas as esculturas de Acisclo Manzano e Camilo Otero, as fotografÃas de Aldegunde e Delgado ou unha mostra colectiva de Castro, Cebreiro, Rey e López. Para escoller.
O retorno das esculturas
Dous veteráns da escultura galega, Acisclo Manzano e Camilo Otero, amosan estes dÃas a súa arte en senllas galerÃas.
Despois de vinte anos, o ourensán Acisclo Manzano achega a Pontevedra a súa obra cunha mostra no Centro de Arte Jaime Trigo que recolle catorce pezas de terracota e material refractario que representan diferentes visións do busto feminino. As súas esculturas mesturan abstracción e figuración, con referencias constantes a obras clásicas coma as de Fideas ou do Mestre Mateo.
Pola súa banda, a galerÃa Trebellar da Coruña amosa ata od Ãa cinco de decembro os traballos doutro escultor que retorna. HabÃa quince anos que na Coruña non se vÃan as obras de Camilo Otero, escultor Santiagués que pasou grande parte da súa vida no estranxeiro e que agora retorna a Galicia. A mostra, co tÃtulo "Nelson y su caja de miedos", recolle o traballo dmáis recente deste artista tanto en canto a esculturas como en debuxos.
FotografÃas
Unha galerÃa veterá, a de Sargadelos en Ferrol, acolle desde onte a primeira exposición conxunta de dous fotógrafos de estilos ben diferenciados. Por unha banda, o fotoxornalista Kiko Delgado achega á exposición seis fotografÃas en branco e negro que amosan imaxes da realidade máis común. Onda estas imaxes, expostas a grande tamaño, poden verse as de Ovidio Aldegunde, un profesional da fotografÃa de moda que xoga cos catro elementos arredor da figura da muller noutras sete imaxes sen cor. Con esta mestura, os dous artistas realizan un percorrido polo mundo da muller indo desde a denuncia da violencia de xénero ata a admiración estética da muller.
Colectiva
O novo circuito de exposicións posto en marcha pola ConsellerÃa de Cultura comezou onte en Pontevedra coa inauguración dunha mostra colectiva na Sala Teucro. Pinturas e esculturas de Antonio Castro, Pedro Cebreiro, VÃctor Rey e Manolo López poden verse nesta exposición. Os catro artistas presentan unha temática común, a evocación da terra desde a visión popular, cotián e histórica. Os catro autores teñen tamén en común unha forte amizade e é a primeira vez que realizan unha mostra conxunta.
Esta exposición continuará despois o seu percorrido por Coruña. Lugo e Ourense ata finais de ano.