"Procesalia 2001" chega ó seu fin. Da man de Rubén Carpeta e Isaac Cordal a exposición que pretende promocionar a novos creadores pechará as súas portas o vindeiro mes de decembro. Unha mostra que se exhibe no coro da Igrexa da Universidade e que pretende unha interacción da súa mostra co espacio da igrexa. Pero non é a única exposición que se poderá visitar estes dÃas, os bodegóns de Olga Reinoso, os expresivismo de Fernando Fraga e a monumentalidade de MarÃa Jesús Casal en diferentes salas da Coruña. E por último, a galeria Ad Hoc de Vigo ofrece unha serie de debuxos do pintor sevillano Curro González. Exposicións para dar e tomar.
Primeira estación: Santiago
A mostra de Rubén Carpeta e Issac Cordal que se inaugurou o pasado venres é o último elo da exposición "Procesalia 2001". Unha mostra que pretende incidir nas creacións dos novos creadores ós que lle ofreceron ó reto de enfrontarse a un espacio tan concreto como era o do coro da Igrexa da Universidade.
A mostra permanecerá aberta ata o mes de decembro na Igrexa da Universidade de Santiago e nela poderase apreciar a concepción estética do entorno, relacionado coa luz, o material e o propio concepto intelectual. Unha mostra que incide na fraxilidade das sombras, os efectos do son ou os esqueletes de alambre que interpreta a idea da clonación coa secuela de destrucción da individualidade.
Segunda estación: A Coruña
A Biblioteca Pública González Garcés, o Colexio de Arquitectos e o Clube Financeiro da Coruña son as salas que desde esta fin de semana acolleron novas mostras. A primeira, a Biblioteca Pública González Garcés acolle unha reclada da obra de Olga Reinoso que da man da Xunta vai de percorrido polas salas galerÃsticas de toda Galicia. Outra das mostras inaugurada é a de Fernando Fraga que pretende ofrecer unha visión máis dinámica e activa da arquitectura moderna. É unha mostra que presenta o Colexio de Arquitectos e onde o tema principal xira arredor dos interiores e exteriores arquitectónicos. Por último, MarÃa Jesús Casal exhibe no Clube Financiero coruñés unha mostra centrada na botánica a través das que se serve para intentar amosar estados de ánimo.
Última estación: Vigo
Por último, pechando esta rolda expositiva facemos recalada na GalerÃa Ad Hoc de Vigo para ir "Esquecendo o Edén". É o tÃtulo da obra de Curro González (Sevilla, 1960) que ofrece unha escolma da súa faceta figurativa. Curro González é un autor que ten unha obra que forma parte do Centro Andaluz de Arte Contemporáneo, no Centro de Arte Reina SofÃa e o Stadbücherei de Sttutgart.