O Museo de Belas Artes coruñés acolle unhas xonadas sobre represión na arte

Meta-arte

Esta semana convírtese en protagonista unha das múltiples formas artísticas. Non se trata dunha nova técnica creativa, senón doutra forma de gozar coa arte a través de numerosas xornadas. A primeira delas tivo lugar esta fin de semana na Coruña, onde numerosos expertos se reuniron nunhas xornadas para falar sobre as represións que sufriron diferentes manifestacións artísticas. E tamén na Coruña a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia organiza un curso para ensinar a visitar museos. E completa este ciclo, o obradoiro de creación pictórica que ofrecerá Eduardo Arroyo no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Censura da arte




A represión e a intolerancia non foron bos amigos da arte. E por iso mesmo moitas obras artísticas foron censuradas en períodos históricos determinados recentes. E os efectos de estes acontecementos xeneraron as xornadas que durante esta fin de semana concentraron no Museo Belas Artes da Coruña a estudiantes de historia, a artistas e en xeral a todo tipo de estudiosos sobre a materia.
Entre os dous días que duraron as xornadas houbo numerosas liñas de debate abertas entre as que destacou a faceta menos coñecida de Eduardo Blanco-Amor coas súas fotografías homoeróticas.
Durante estas xornadas destacáronse as numerosas facetas de represión que afectou a diferentes formas artísticas. Desde a compra de material por parte dos directores xerais de Patrimonio, ata os tribunais de censura cinematográficos da dictadura franquista.












Para ver museos


A Asociación Amigos dos Museos de Galicia , dentro do seu espacio cultural Portas Ártabras, organiza estes días un curso para ensinar a visitar museos. Esta iniciativa englóbase na súa pretensión de difundir unha serie de actividades de sensibilización sobre o patrimonio cultural e no que ven traballando durante todo o ano. Esta última actividade consiste nun seminario que se celebrará ó longo da última semana do presente mes e os que desexen participar no mesmo deberá acudir á sé desta organización.
Con esta actividade o colectivo Portas Ártabras abordarán consideracións moi xerais como a lectura dunha obra de arte ou a presencia do público nun museo. Ademais, para completar a súa exposición pretende analizar o aspecto e o contido de diversos centros.






O CGAC e o seu curso de creación pictórica




A semana que ven o Centro Galego de Arte Cotemporánea celebrará unha xornada moi especial. Trátase do curso de creación pictórica que ofrecerá todo un especialista na materia. Chámase Eduardo Arroyo e é moi coñecido por ser un dos máximos expoñentes da figuración crítica europea. Unha pintura que se impregna de referencias históricas, cuestións que trata con ironía, reconstruíndo eseceas imposibles con personaxes que saca do seu contexto artístico ou histórico.
O curso dará comezo o luns e durará ata o venres 21 e está formado por actividades prácticas e debates.