Vigo e Santiago acollen sendas mostras sobre arquitectura

Razoando cos edificios

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O home e o contorno no que vive. Este é o principal contido das mostras que se estes días se poden ver en Vigo (na aula da Fundación Caixanova) e en Santiago (no Centro Galego de Arte Contemporánea). Dúas mostras sobre un mesmo obxecto (os edificios) pero con obxectivos e plantexamentos substancialmente diferentes. En Vigo, maquetas, planos e fotografías pretenden achegarse á arquitectura desde o punto de vista racionalista. E os que se prefiran achegar á análise dos edificios de xeito máis artístico teñen unha cita co CGAC, que exhibe o segundo turno da exposición dos fondos mercados na última edición de Arco.

Arquitectura racionalista


"Arquitectura racionalista en Vigo". Baixo este título a sala da Fundación Caixa Galicia en Vigo expón desde onte planos, mostras, fotografías e maquetas de edificios que pretenden ilustrar un momento da arquitectura viguesa que comprende entre os anos 1932 e 1945. Unha das épocas e momentos arquitectónicos máis destacados dentro do patrimonio cultural local. De feito, na inauguración da exposición centrouse moita importancia no edificio social do Náutivo vigués, un edificio que está considerado como o fin da época do racionalismo de Vigo.

Na mostra, os numerosos persoeiros concentrados na inauguración pretenderon poñer o acento en todas as actividades de intervención que se estaban a facer en este tipo de edificios. A situación actual de conservación deste tipo de centros vigueses están bastante descoidados, polo se solicitou a revisión do "Plan Especial de Edificios a Conservar, para dotalo dun maior rigor xurídico. O que permitiría ter criterios estables, sólidos e coherentes sobre os procesos de restauración.
Tamén se anunciou que en breve está rematada a Guía sobre A Arquitectura Contemporánea de Vigo. Unha publicación na que se leva numerosos anos traballando.




Unha interpretación artística


O Centro Galego Arte Contemporánea acolle a segunda "tanda" da mostra dos fondos adquiridos en ARCO durante a última feira madrileña. Unha segunda parte que está centrada arredor das formas de habilitar e construir o espacio a través da ollada de numerosos artistas galegos e foráneos.

Os que se acheguen ata o centro compostelano poderán contemplar as obras de Álvaron Negro, Vari Caramés, Carmen Nogueira e Suso Fandiño. Xunto a eles estarán tamén Elena do Rivero, Daniel Verbis, Erik Schmidt e Una Henry entre outros.

Unha mostra que pretende establecer unha relación entre o espacio que vemos e o que vivimos, entre o mundo real que pode ser susceptible de significación.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Arquitectura, ARCO, Caixanova...