A fin de semana preséntase con varias ofertas expositivas que se inauguran hoxe en Santiago (ás 20:00 horas). Dunha banda, o Museo do Pobo presenta a instalación “Algoritmi dixit” de DarÃo Basso, na que este venezolano de nacemento e vigués de adopción achega 23 pinturas nunha estrutura semicircular para “xerar pontes entre Oriente e Occidente”. Da outra, o artista lisboeta Isaque Pinheiro, un dos expoñentes máis destacados da arte portuguesa, presenta na GalerÃa Goran Govorcin "Em cima da terra e debaixo do céu". Unha obra creada ex profeso para este espazo no que seguirá mantendo as súas tendencias, ironÃa e provocación, reflectidas tanto na temática como na reinvención do uso dos materiais.