Vigo poñerá na rede o legado de Policarpo Sanz que exhibe estes días

Tesouros ocultos

O venres pasado o concello de Vigo inaugurou a primeira exposición completa que exhibe os fondos cedidos por Policarpo Sanz (1841-1889). Unha exposición que en tres días se convertíu en todo un éxito de afluencia. A ese interés se lle engade o feito de que en breve, o concello ofrecerá a posibilidade de vela en Internet. Un proxecto que será posible logo do proceso de recuperación ó que foron sometidas as obras desta colección que recollen varias épocas, estilos e escolas. E se falamos de mostras temos que trasladarnos a Betanzos, onde o Liceo acolle imaxes inéditas da cidade. Completa a axenda expositiva as tres últimas inauguracións en diferentes galerías coruñesas.

Da mostra á rede




Desde o venres pasado a viguesa Casa das Artes acolle, por primeira vez, unha mostra completa de todo o legado completo de Policarpo Sanz. Unha colección que recolle numerosas mpostras da pintura europea do séculos XVII e XVIII que estaban almacenadas no fondo do Museo "Quiñones de León" de Vigo durante moito tempo. Con esta mostra, que chega da man dun convenio de colaboración entre Caixanova e a Concellería de Cultura viguesa, saen á luz moitas das obras de numerosos autores coñecidos.
Jean Honore Fragonard, Pierre Paul Prudhon, Peter Paul Rubens, Fra Bartolomeo della Porta ou Francisco de Goya y Lucientes son algúns dos artistas que se poden contemplar nesta mostra que leva por título "O legado de Policarpo Sanz. A Colección de Pintura". A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de decembro e ademais da fotografía, se pode ver un conxunto de mobles e artes decorativas (como porcelana de diferente procedencia), alfombras, reloxes, ademais dunha trintena de pequenos retratos.
En breve, o concello de Vigo comprometeuse a subir á rede as 106 obras recuperadas desta exposición. Será o primeiro paso dese gran proxecto de dixitalización do material gráfico vigués, ó que lle sucederá as 80.000 imaxes que compoñen o arquivo Pacheco.












Betanzos de foto


Os betanceiros teñen desde hoxe unha oportunidade para coñecer como era a súa vila nos séculos XIX e XX. É gracias á exposición que o concello de Betanzos ofrece no Liceo. Unhas 40 instantáneas que forman parte do arquivo municipal e que servirán de base para unha futura sala estable de fotografía no museo de As Mariñas.

A través desta exposición poderase ver o retratado por cinco fotógrafos e que pretenden recoller as xentes, tradicións, festas e monumentos máis representativos da comarca.





e outras mostras


E o panorama expositivo actual complétase con outras mostras. Son as que se inauguraron estes días na Coruña e que recollen unha gran variedade de técnicas e estilos. Empezamos polo Sportingo Club Casino que acolle a mostra dun mozo, Brandariz, que recrea o seu mundo plástico a través de obxectos cotiás como "luvas de fregar, media, botellas...". Tamén na Coruña, o pabillón de estudiantes do Campus de Elviña arranca serie "G-estación" que recolle unha proposta persoal de Nena Ventura na que aposta polo plástico e pola madeira como material de base. Por último, completa a axenda, Manuel Suárez no Meliá María Pita, cunha mostra formada por damas medievalescas e trovadores que parece saír dunha vidrieira.