A oitava edición do premio Edificio Galego 10 que outorga anualmente a Asociación de Promotores Inmobiliarios (Aproin) de Pontevedra recaeu nesta ocasión nun edificio de vivendas situado na Capital do Lérez. E mentres se premian obras actuais, tamén se lembran ós arquitectos máis veteráns, como é o caso do vigués Xosé Bar Boo, a quen se dedica unha restrospectiva en Madrid.
10
O edificio de vivendas As acacias, realizado pola Inmobiliaria Nino Mirón de Pontevedra, fíxose co premio Edificio Galego 10 que outorga anulamente Aproin. Este premio valora a calidade de construccións realizadas no último ano, e nesta ocasión deuse a circunstancia que, dos seis edificios aspirantes, era este o único de Pontevedra, sendo os demais de Vigo.
O edificio As Acacias, situado na confluencia das rúas Virxe do Camiño e Uxío Novoneira foi galardoado polo bo gusto, detalles e calidade que amosa a obra. O resultado deuse a coñecer onte nun acto no que estaban presentes Gregorio Gurriarán director xeral adxunto de Caixanova, Ángel Gallego, presidente e Aproin. e presidente do xurado Serafín Ocaña. Na súa intervención Ángel Gallego significou a consolidación do premio e o rigor e a independencia do xurado. A entrega do galardón realizarase o vindeiro día 30 de novembro no Club Financeiro de Vigo.
Bar Boo en Madrid
A mostra itinerante que o Colexio Galego de Arquitectos ten posto en marcha sobre a Figura do arquitecto vigués Xosé Bar Boo chega a Madrid esta semana. Ata o día dezasete de decembro a Fundación do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid e poderá verse ata o día dezasete de decembro. A mostra presenta arredor de trinta paneis con fotografías e planos de obras deste arquitecto, un dos principais representantes do modernismo no noso país, e principal impulsor do Colexio de Arquitectos de Galicia.