O DVD “Dragon Ball GT” non estará en galego como as anteriores entregas desta serie

Songoku fala distinto

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O vindeiro día 30 sairá á venda o DVD de “Dragon Ball GT” e con el poderanse seguir as aventuras do mini heroe Songoku en castelán, xaponés e catalán. Pero non en galego porque, segundo a distribuidora Selecta Visión, “os prezos de cesión das dobraxes da Televisión de Galicia son inasumibles”. Un feito que denunciou a sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística que lles remitiu un escrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á dirección da Televisión de Galicia para lembrarlles o compromiso adquirido no 2006 para ceder as súas dobraxes nas mesmas condicións que as da ETB vasca e a TV3 catalá.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DVD, Televisión de Galicia, Normalización Lingüística, Política Lingüística...