Ourense lembra os artistas do bar “Volter” no día da República

Pinturas con historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O 14 de abril conmemórase a promulgación da República. Unha data na que a asociación de Amigos da República convocou un roteiro cultural para lembrar a lendaria xeración que se reunía no bar do Tucho, local que Vicente Risco rebautizou como “O Volter”. A homenaxe comezou no mesmo escenario no que un grupo de artistas plásticos conspiraban contra o franquismo, e transcorreu polas rúas do casco histórico ourensán nunha comparsa á que se uniron os grupos integrantes da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), que se celebra estes días na cidade.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con República, Ourense, Vicente Risco, Teatro...

Claves

Protagonistas
Lugares