Só cen dos setecentos puntos de venda de libros de Galicia son librarías

Setecentos puntos de lectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cando se celebra mañá a festa da Federación de Libreiros, “La Voz de Galicia” fai unha análise do sector que confirma a súa actual vulnerabilidade. Deste xeito, segundo os datos que achega a Federación, existen no país cen librarías fronte aos 700 puntos de venda de libros no país. A problemática gratuidade do libro de texto e a competencia das grandes superficies continúan a ser os principais problemas do sector. No entanto, o presidente deste colectivo, Xaime Corral, apunta que a situación do sector é “moderadamente satisfactoria” e destaca que “no último se puxeron as bases” do apoio institucional para a renovación do mesmo.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia

Claves

Entidades