Importantes exposicións que saen e que entran en Galicia son actualidade nestes dÃas. Desde hoxe mesmo as fotografÃas do galego Virxilio Viéitez comparten espacio con obras dalgúns dos máis destacados fotógrafos do mundo no Festival Internacional de FotografÃa de Salamanca. E mentres, desde Angola chega á Fundación Granell, en Compostela, a obra de Cruzeiro Seixas, un dos principais pintores do movemento surrealista portugués.
Virxilio en Salamanca
A segunda edición do Festival Internacional de FotografÃa de Salalmanca, Explorafoto 2001, conta coa presencia dun dos fotógrafos máis destacados da historia galega, Virxilio Viéitez.
Virxilio, que logo de cincuenta anos de profesión foi descoberto para o mundo da fotografÃa en 1997, compartirá espacio expositivo con outras dezanove mostras entre as que están as de históricos da fotografÃa universal, coma Nadar ou grandes artistas internacionais coma Richard Avedon.
Salamanca poderá contemplar durante un mes retratos da sociedade tradicional galega realizados en branco e negro polo que foi fotógrafo en Soutelo de Montes desde 1955. Vodas, festas, retratos para o carnet de identidad ou as fotografÃas dos mortos para que na emigración comprobasen a autenticidade da defunción, forman parte dunha obra realizada con grande pericia técnica e na que se conxuga a presencia humana co emprego de fondos natuarais, destacando o grande respecto con que se trata os retratados.
O surrealismo portugués en Galicia
A Fundación Euxenio Granell acolle desde hoxe a mostra "Outras formas de bailar, volar, soñar e deambular", unha retrospectiva do pintor surrealista portugués Cruzeiro Seixas que recolle máis de noventa cadros de toda a súa carreira.
Cruzeiro Seixas está considerado internacionalmente coma o maior representante do surrealismo en Portugal, e ten presetnado as súas obras en numerosos paÃses de todo o mundo. Residente desde 1952 en Angola, na actualidade realiza escenarios para compañÃas de teatro portuguesas e continúa co seu labor pictórico.
Para a mostra actual, Cruzeiro Seixas cedeu setenta e sete dos seus cadros, e outros dezasete chegaron desde os propios fondos da fundación.
Ademais das obras, na mostra tamén se poderá ver parte do correo persoal que durante anos intercambiaron o pintor portugués e o galego Eugenio Granell.