O quiosco Afonso recupera a época de Sissi emperatriz cunha completa mostra

Coruña Imperial

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Unha das lendas cinematográficas e literarias do vello continente chega a Galicia. Trátase da emperatriz Sissi que será a protagonista dunha significativa exposición que se poderá ver da man do coruñés quiosco Afonso. Unha mostra que fará un percorrido polo universo do mito e que se completará con ciclos de conferencias e proxeccións cinematográficas. Ademais, a Orquestra Sinfónica de Galicia completará "temporada austríaca" adicando concertos do seu programa de outono á música creada naquela época.

Os datos da mostra


Traer a Austria Imperial de Sissi emperatriz implica un movemento destacado de obras, vestiarios, orfebrería e mobiliario. Uns catrocentos obxectos peroais que farán un itinerario sobre o mito e que compoñerán aquí responsables de museos de Viena e de Budapest e do propio comisario da mostra e que traen de museos procedentes de Austria, Hungría, Alemaña e Italia de coleccionaistas privados e dos propios descendentes de Sissi.

Unha mostra que se poderá ver na Estación Marítima da Coruña e no Quiosco Afonso do 6 de outubro ó 6 de xaneiro e que ten un custo de 85 millóns de pesetas. Unha cantidade que aportan a Xunta de Galicia (25 millóns), Caixa Galicia (25 millóns) e o Concello da Coruña (35 millóns).



Sissi: mito

O 10 de setembro de 1898 un arquista clavoulle un estilete no corazón a Elisabeth Wittelsvach (máis coñecida como Sissi). Foi en Xenebra e o estilete non era para ela, senón para o Duque de Orleáns, que cambiou de opinión no último momento, e feito que lle salvou a vida. E isto serviu para incrementar o mito da emperatriz de Austria. unha muller marcada polas obsesións (non sobrepasar os 50 kilos de peso) e por un camiño que lle dictou un marido indiferente e unha sogra excesivamente controladora.
Un mito que foi levado ó cine por Romy Schneeider (quen se veu absorvida pola personaxe) e que foi obxecto de numerosas entregas literarias (históricas e máis de tipo folletinesco).



Máis actividades

Para recrear o universo de Sissi emperatriz ademais da mostra que se exhibirá no Quiosco Afonso existen outras actividades paralelas. Por unha banda están o ciclo de conferencias e os obradoiros que se realizan no Forum coruñés e que pretenden abordar o momento histórico que se detalla na exposición. Un ciclo de conferencias que abordan a importancia política e social da protagonista e que se centrarán en diferentes facetas: historia, arte, literatura, música e moda e que se prolonga ata o mes de decembro.

E por outra banda a Orquestra Sinfónica de Galicia ten no seu programa de outono previsto interpretrar música de autores que triunfaban no panorama europeo dos tempos de Sissi.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Orquestra Sinfónica de Galicia, Austria, Museos...