Cultura permite edificar nun solar vigués no que existía unha planta romana de salgadura

Sementes salgadas

As once pías da planta romanda de salgado atopadas no proceso de construción dun edificio en Vigo desaparecerán mergulladas nos baixos dese complexo de vivendas. Así o permitirá a Consellaría de Cultura tras examinar o deteriorado estado de conservación deste achado, considerado moi importante, polo abondoso número das pías. Este depósito está moi preto doutra planta de salgadura sita na rúa Marqués de Valladares, moi ben conservada e que Cultura vai musealizar.