A construción dun edificio fai perigar os vestixios romanos máis importantes de Vigo

Sal para o chan vigués

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A construción dun edificio de vivendas na rúa Marqués de Valladares deixou ao descuberto unha factoría de salazón que data do século I e II dC. Trátase da excavación arqueolóxica máis importante da cidade viguesa e que corre o risco de quedar soterrado baixo o edificio. O problema está en que o concello de Vigo, segundo publica o Faro de Vigo, estaría obrigado a indemnizar ao propietario dese solar. De non conseguir os fondos necesarios, o concello está a barallar a posibilidade de trasladar parte das instalacións ao Museo do Mar, en Alcabre, para que quede constancia do achádego.

Máis información na edición do sábado do Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faro de Vigo, Concello de Vigo

Claves

Lugares